Davide Salvado Presentará o seu último e aclamado disco Lobos. Davide Salvado é unha das voces máis representativas da Galiza con reminiscencias do canto tradicional aderezado con outros xéneros urbanos modernos. O cantante marinense Davide Salvado estará acompañado cunha banda de excepción: Santi Cribeiro ao acordeón, Pablo Dalama ao saxo e frautas e Carlos Freire á percusión.

 

  • Hora: 21 h
  • Lugar:Auditorio da Xunqueira  de Redondela.
  • Billetes: 5 €
  • -Descontos: nen@s até os 10 anos, gratis. Moz@s até os 25 anos e persoas en situación de desemprego: 2 €
  • Venda de entradas: Auditorio da Xunqueira 30 min. antes de cada concerto. Reserva no mesmo lugar, ou no teléfono 986 40 28 65, desde o xoves da semana de cada concerto.
  • Alén dos concertos, haberá actividades (cursos e charlas) cos artistas na súa visita a Redondela. Máis información e inscricións aos cursos regularmente en info@folque.com