Para este 2016 aCentral Folque organiza de novo un ciclo coa mellor música popular e cunha regularidade continua para a tempada inverno-promavera en Redondela. Por terceiro ano, a vila recibirá a presentación dos últimos discos que artistas do país e de fóra: Puntada sen fio (A lúa prendeu a luz), Davide Salvado (Lobos), Lagharteiras (Lagharteiras) e de Javier Marcos Quinteto (Ten Dez); así coma os artistas internacionais Toques do Caramulo (Portugal) ou Coladera (Brasil). Os concertos son o terceiro sábado de cada mes ás 21 horas.

Por terceiro ano, a mellor música tradicional contemporánea que se pode ver en Galicia dun xeito próximo, íntimo e regular bota as redes nun caladeiro fecundo coma a vila do fondo da ría de Vigo. Unha cita mensual coas mellores músicas populares galegas e peninsulares nun programa para presentar os traballos de artistas en activo no acolledor espazo do Auditorio da Xunqueira, no corazón da vila dos viaductos.

A Rede de Músicas Soltas (RMS) trae peixe fresco de tempada de inverno e primavera. A RMS é un ciclo de concertos promovido polo Concello de Redondela e organizado por aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Concertos próximos ao redor da música popular, dos músicos con voz propia, e sos seus universos.