O Partido Popular presentou un documento consesuado previamente e con distintas modificacións do B.N.G e de A.E.R para tratar sacar adiante o acordo da Área Metropolitana que dito acordo precisa un consenso de aló menos do 50% dos concellos que a formen. A proposta do Partido Popular foi aprobada en pleno co apoio de A.E.R e da voceira non adscrita Raquel Quintáns. O B.N.G abstívose e o P.S.O.E votou en contra argumentando a posterior o seu voto. A voceira do Partido Popular Carmen Amoedo argumentou negativamente a postura dos Socialistas dicindo que ªseguen a postura do alcalde de Vigo Abel Caballero, xa que non ve motivo algún pata votar encontra a esta propostaª.