Dende a semana pasada o Concello de Redondela ten activada na súa web a sede electrónica que facilita os trámites de máis de trinta apartados (polo de agora). Calquera persoa cun d.n.i electrónico ou firma dixital poderá beneficiarse de documentos sen ter que pisar o Concello. Aínda que polo de agora so uns trinta apartados están activos a idea e ir poñendo cada vez máis. O novo servizo telemático complétase co portal de transparencia no que se recolle toda a documentación que xera o propio Concello. A empresa que xestiona o servizo é EsPublico.