A Área Metropolitana defínese como unha entidade local supramunicipal, de carácter territorial, integrada polos concellos de Vigo e os da súa área de influencia, entre os cales existe unha vinculación económica e social que fai necesarias a planificación conxunta e a coordinación de determinados servizos e obras, para garantir a súa prestación integral e adecuada no ámbito de todo o territorio así como alcanzar a eficacia das inversiós públicas.