A Policía Nacional detivo un home de 33 anos despois dunha persecución espectacular por estrada. O detido roubara, presuntamente, un camión e cando os axentes o foron identificar emprendeu unha fuxida dende os arredores do aeroporto de Vigo ata o centro de Redondela.

Cando xa non puido continuar co camión seguiu a pé empuñando unha pistola, ata que os axentes conseguiron que se detivese. Os veciños de Redondela viviron o que cualifican como unha persecución policial de película. Viron varios axentes correndo tras un home e mesmo fotografaron o momento da detención. A persecución comezara moito antes, nos arredores do aeroporto de Vigo, dende onde o detido emprendeu a fuxida cun camión que presuntamente roubara. No percorrido circulou a máis de 140 quilómetros por hora e obligou outros condutores a desviarse. O detido ten 79 antecedentes e estaba en busca por unha orde de ingreso en prisión.