Eugenio Casal, Brian Alvarez e Alfredo Amoedo foron os encargados de representar ao Club Meigarco nos campionatos nacionais de tiro con arco celebrado na localidade asturiana de Langreo. Julio Mougán concelleiro de deportes eloxiou os triunfos dos deportistas redondelás e resaltaba a boa predisposición do Club sempre que se lle precisa para cal quer evento deportivo.
Eugenio Casal Rodas fíxose coa medalla de prata na modalidade de arco tradicional longbow masculino, Brian Álvarez fíxose co subcampionato e Alfredo Amoedo logrou o terceiro posto.