As reiteradas caídas de xente nunha rúa de Chapela, en Redondela, acaban coa paciencia dos veciños. A vía ten moita pendente e está chea de pozas e fochancas. Levan preto de catro anos agardando por un firme novo e pola substitución dunha tubaxe que orixina parte do problema.

Esta é a parte alta do Camiño do Castañal no barrio de Angorén en Chapela. A súa inclinación é moi pronunciada. Pero ademais o firme está totalmente desfeito con pozas e fochancas.
Todas as veciñas coas que falamos caeron algunha vez.

Levan esperando a que se amañe o firme preto de catro anos. Non é tan doado como parece porque hai que substituír unha tubaxe que é tamén parte do problema. O camiño está moi próximo ao centro de Chapela, polo que é paso obrigado para baixar a facer os recados e as compras e mesmo pasear.