O Concello de Redondela homenaxeou a xogadores/as e parte do equipo técnico da selección galega de balonmán. A selección Galega levaba un amplo número (10%) de xogadores/as de Chapela e Redondela así como as adestradoras do equipo infantil feminino. O campionato de España disputouse en Almería e para moitos xogadores/as era a súa primeira convocatoria.

Julio Mogán Concelleiro de Deportes alabou o esforzo dos deportistas e felicitou tamén aos pais polo éxito acadado tras ser seleccionados/as na selección. Carlos Rei adestrador da S.A.R sénior masculina recalcou no esforzo dos adestradores por sacar grandes deportistas das categorías inferiores.

Por outra banda o alcalde de Redondela Javier Bas resaltaba o éxito do deporte en Redondela e felicitaba a os pais e nais xa que é un triunfo en conxunto.