David Salgado comezou a ter paisón por Michael Jackson tras ver o vídeo clip de Thriller cando aínda era un cativo. Certo é que o vídeo clip deixou pegada, xa que anos máis tarde converteríase nun fan de Michael Jackson. Salgado comenta que cando era un neno ía ata o Corte Inglés para ollar as revistas, vinilos do seu ídolo e para que ninguén os mercara agochábaos ata que el puidera ter os cartos aforrados para poder mercalo. Toda unha vida adicada a Michael Jackson.