Eduardo Rodríguez Cunha máis coñecido como “Tatán” actuou o pasado venres no Multiusos da Xunqueira presentando o seu disco “Chapeu”. “Tatán” estivo acompañado en todo momento polo seus amigos enriba do escenario entre cantantes e músicos os cales arrouparon en todo momento. As doce cancións que interpretou pasaron por diferentes estilos como jazz, blues, swing ou mesmo habaneiras. “Tatán” comezou no mundo da música alá polos anos 90 co grupo ” Eigualdeixa” e colaborou en proxectos como CoraSons ou María Fumaça onde coñece a Pablo Vidal músico de “Chapeu” e produtor do disco.