O pasado 18 de setembro A.E.R recibe unhas bases para a proposta de emprego público, unha das ofertas e a de cubrir o posto de inspector de policía local. A agrupación de electores quedou sorprendida pola formula escollida á contratación a de mobilidade horizontal xa que normalmente é a de promoción interna. A.E.R rexeita esta forma de contratación xa que non hai transparencia na contratación. A Agrupación solicita a comparecencia do Alcalde para que explique claramente cales son as medidas a tomar na contratación.