O Partido Popular presentaba un novo horario para a realización dos plenos municipais e propoñía o horario dás 16h da tarde en vez do actual o dás 20 h, recalcando na hora de saída dos traballadores municipais do Multiusos xa que a hora de finalizar os plenos normalmente é as 24h. A voceira do Partido Popular Mª Amoedo argumentou que o horario é o máis axeitado xa que non impide poder ver o pleno xa que Redondelatv emíteos en directo. Os partidos da oposición agás Raquel Quintáns votaron en contra da proposta.