O anteproxecto da Lei de Acuicultura de Galicia que anunciou o 3 de decembro no DOG a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar non puido ter peor comezo. Bateleiros de toda Galicia e as distintas Confrarías de pescadores botáronse a rúa para manifestarse por este anteproxecto que a Xunta de Galicia tentou levar adiante. No pasado pleno celebrado en Redondela Clemente Bastos Patrón Maior da Confraría de Redondela leu unha moción explicando o deterioro que de saír adiante dita lei causaría no mar. A corporación política do Concello de Redondela aprobou por unanimidade a moción.