Escena Galega que comprende a gran parte das compañías profesionais de teatro de Galicia trasládase por un día a Redondela para súa xuntanza anual. Escena Galega con sede en Santiago saen por primeira vez da capital galega onde se reunirán o domingo 14 de febreiro de mañá en Redondela. Todo aquel ou aquela que sinta curiosidade sobre o mundo escénico poderá acudir a Casa da Cultura ás 17h onde as compañías teatrais presentes compartirán con público as súas inquedanzas. Entre os asistentes o acto estará Belén Pichel presidenta de Escena Galega. Para o Concelleiro de Cultura Xavier Alonso ” é todo un privilexio poder reunir en Redondela os integrantes de Escena Galega” .

Vídeos relacionados