O pasado 23 de marzo celebrouse a primeira visita “non oficial” ao museo MEIRANDE o acto estivo organizado dentro das xornadas do Patrimonio Industrial de Rande. Xurxo Constela museólogo do MEIRANDE fixo de mestre de cerimonias guiando aos asistente o acto. O barco saíu do peirao de Redondela sobre ás 12:30 da mañá con algo máis de 100 tripulantes, o paseo pola ría foi do moi interesante xa que tivemos a sorte de escoitar unha estupenda narración por parte de Constela de cal e como é o patrimonio industrial de Rande. Unha vez chegados ao museo a visita continuou polas impresionantes instalacións do MEIRANDE.