Cesou a choiva e toca arranxar agora os estragos que causou o temporal. Algúns concellos, como o de Redondela acumulan un regueiro de incidencias en vivendas e negocios, que mantiñan aínda hoxe acumulacións de ata 70 centímetros de auga. Quedan moitos locais por limpar e tamén algunhas estradas cheas de lama e pedras. Nesta parroquia de Santo Estevo de Negros os coches foron arrastrados por unha avalancha.