Pois o Concello argumenta que son moitos os estragos e que son precisas reformas na nacional 555 en Santo Estevo de Negros e tamén no leito do Maceiras no centro de Redondela. Ademais de reparar danos, o Concello quere evitar novos asolagamentos.
Facer uns novos desaugadoiros en superficie para evacuar a auga do río, reformar a nacional 555 en Santo Estevo de Negros e arranxar e paliar todos os danos no termo municipal de Redondela é un custo excesivo para o Goberno local por iso quere solicitar a declaración de zona catastrófica para captar fondos do Goberno central.Redondela vai recuperando lentamente o seu aspecto, sobre todo, no centro. Máis traballo queda por facer nas zonas rurais e sobre todo en Santo Estevo de Negros, onde aínda hai leiras devastadas e coches sepultados.