Redondela é posiblemente o municipio de Galicia onde máis festas e eventos culturais se celebran. As xa xoñecidas festas populares como a festa dos Maios ou a da Coca ou o Choco engadíronse recentemente outras como os Títeres ou Redondela en Curto. Isto fai que centos de persoas acudan cada ano a Redondela en busca do seu evento cultural favorito.