O Berete tardou unha semana en ser queimado, xa que por mor do tempo tívose que suspender ata o seguinte fin de semana. sobre ás 19h saían as comparsas do Alto da Encarnación para percorrer as rúas de Chapela para finalmente chegarr ata a praia de Arealonga onde ía ser queimado o Berete. Centos de persoa saíron as rúas de Chapela para festexar o peche do entroido, platillos voantes, dilixencias, espantallos e ata unha recua de xoguetes puxeron a guinda de cor á queima do Berete.