A Rondalla Santa Eulalia de Mos é xa unha peza fundamental no día dos Ranchos de Reis de Redondela. Neste ano tívose que suspender polo mal tempo ocasionado no día propio da tradición o 6 de xaneiro. Esta comparsa é todo un espectáculo visual e sonoro cunha posta en escena do máis novidoso. Máis de cen persoas forman parte da Rondalla Santa Eulalia de Mos.