A Rondalla Club Santiaguiño de Guizán acude anualmente a Redondela no día propio do Rancho de Reis, aínda que levou tempo parada os seus integrantes retomaron os ensaios e participacións en eventos populares. A Rondalla data de hai moitísimo tempo xa que o fundador foi o avó de Manuel Ferreiro persoa que hoxe é o director da mesma. Unha Rondalla colorida e moi participativa que trata de armonizar as festas do Nadal.