Como ben di Jesús Crespo Concelleiro de Eventos o día cumpriu co prognóstico, xa que os Ranchos de Reis puideron saír e foron vistos por moita xente que acudiu a Redondela na que tamén foi día de feira. Para Crespo o importante é a organización do evento e que saíu todo como o esperado, neste caso tanto as comparsas como os ranchos luciron acorde co día soleado en Redondela.