Lisardo Gómez é o presidente da Rondalla de Santa Eulalia de Mos, defínense como Rondalla e levan moitos anos como agrupación. Para a Rondalla Santa Eulalia de Mos Redondela é cita obrigada o día 6 de Xaneiro xa que dende hai anos acoden a Redondela. Lisardo comenta como dato curioso que só na zona sur de Pontevedra en entre elas Redondela celébrase esta festa de reis. A premisa importante desta formación é divertir e animar a xente no día de reis, a festa non pode faltar.