Fomento vai tramitar de emerxencia as obras necesarias para reparar os danos causados polo temporal en Redondela e Mos. Así o manifestou a ministra en funcións, Ana Pastor, que hoxe visitou as zonas afectadas acompañada polo vicepresidente da Xunta, a conselleira de Infraestruturas e os alcaldes destes concellos. O obxectivo é darlles solucións aos veciños o máis rápido posible.

A ministra de Fomento en funcións escoitou de primeira man as necesidades dos veciños afectados polo temporal en Redondela. En Santo Estevo de Negros unha das parroquias máis danadas transmitiulles que o Ministerio declarará de emerxencia as actuacións que haxa que realizar.

Nada ten que ver esta imaxe con estoutra gravada hai exactamente unha semana. Aínda co susto no corpo, os veciños de Santo Estevo aplaudiron o entendenmento entre administracións. Agardan que as medidas reparen os danos materiais e sobre todo redunden en seguridade.

A ministra tamén visitou algúns dos lugares máis afectados polo temporal no concello de Mos