A Agrupación de Electores de Redondela solicitou a comparecencia do Concelleiro de Cultura Xavier Alonso para que explique cal é o estado actual do seguimento das obras da ampliación da autoestrada AP_9 xa que nos terreos a edificar na zona de Rande atópanse os resto do que foi no seu día a fortaleza que defendeu a ría de Vigo dos ataques da frota anglo-holandesa en 1702.