Como ten acontecido nos últimos anos o Concello de Redondela fai público o programa de conciliación  “Nadal con Simona” publicándose e dándose a coñecer o programa o venres 4 de decembro e abrindo o prazo de inscrición o luns 7 ata o día 14 do mesmo mes. Aínda que é un programa anual a Agrupación de Electores parécelle que é un programa feito a correr xa que carece dun prazo razoable e coherente de inscrición.

Como sendo un programa máis que coñecido por que non se lle da unha repercusión máis axeitada? Non sería mellor facer ben as cousas para chegar á o número maior de familias?. No pleno da semana pasada A.E.R propuxo varias medidas para mellorar este servizo.