A Policía Nacional de Vigo detivo un mozo por atracar a gasolineira da avenida de Galicia en Teis armado cun coitelo e coa cara tapada.
Os feitos ocorreron esta noite. E o home foi detido grazas á descrición do responsable do establecemento. Pasadas unhas horas os axentes da policía detiveron o sospeitoso na parroquia redondelá de Chapela.

Nas proximidades apareceu a arma e a roupa que utilizou no atraco. A Policía Nacional atribúelle un delito de roubo con intimidación. O home foi posto a disposición do xulgado de instrución. Ten antecendente por feitos similares.