O concelleiro de deportes Julio Mougán en colaboración coa concellería da muller a cargo da concelleira Teresa Paris presentou unha actividade que se celebrará o domingo 13 de marzo , dita actividade vincula a practica deportiva feminina dentro das actividades do Día da Muller que celebra o Concello de Redondela. A idea global serían de catro clases de máis ou menos 30 minutos, dirixidas por técnicas/os dos clubs de Redondela cun descanso de 10 minutos entre elas, toda muller que queira participar deberá de acudir ó novo pavillón municipal dos deportes onde as actividades comezarán ó redor das 17h.

Os deportes serían os seguintes :
Fútbol Sala
Balonmán
Baloncesto
Baile