Acto multitudinario diante do concello de Redondela para celebrar o Día Internacional da Muller, Teresa Paris concelleira da Muller abría o acto pedindo máis igualdade e menos discriminación entre os homes e as mulleres, ó acto uníronse varias mulleres redondelás que cada unha delas lía unha serie de peticións en prol da igualdade. Ó rematar os discursos descubríronse dous cubos con alusións ó papel da muller na sociedade. ditos cubos permanecerán todo o mes na praza do Concello.