Mari Carmen Amoedo foi a encargada de pechar o acto institucional que o Concello de Redondela organizou a semana pasada co día Internacional da Muller Traballadora. Amoedo agradeceu ó Alcalde de Redondela o xesto solidario de que ela mesma como muller pechara o acto,” pequenos xestos como este son os necesarios para conseguir unha maior igualdade entre os homes e mulleres, precisamos de máis xestos por moi pequenos que sexan para intentar cambiar na sociedade o papel da muller”