O Club Meigarco é un club adicado ao tiro con arco creado no 2004, ao comezo destraban en casas particulares ata que o club foi medrando pasando por varias sedes ata recaer na actualidade no pavillón de deportes de Porto Cabeiro. O palmarés do equipo é moi amplo logrando campionatos galego e nacionais, falar do Meigarco é falar de premio garantido. A técnica e a disciplina son posiblemente os aspectos máis salientables deste deporte.