No Pazo de Pousadouro clausuráronse esta mañá os cursos do Obradoiro de Emprego “Redondela Ecosostible”, que comezaran no mes de agosto. O programa ofreceu formación e emprego durante 6 meses a un total de 20 alumnos nas especialidades de agricultura ecolóxica e albanelería-cantería. No acto participou o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde de Redondela, Javier Bas, e a concelleira de Benestar, Carmen Amoedo. A edil amosouse satisfeita co resultados destes obradoiros, e co traballo tanto dos alumnos como dos mestres e administrativos.

 

Autor: Ana Prieto