Manolo Conde é unha das persoas máis coñecidas de Redondela non só pola súa implicación no mundo do deporte se non que Manolo estivo ligado toda a vida ó mundo da hostalería. Dende ben pequeno tiña claro que quería xogar ó fútbol e iso facía sempre que tiña un oco, desprazábase ata a xunqueira de Redondela onde alí cos seus amigos xogaban á pelota. O problema viña cando esta caía ó río, entre todos facían unha cadea para recuperar o seu trofeo máis preciado a pelota. Manolo Conde coméntanos que pronto tivo que deixar o mundo do fútbol xa que os seus pais rexentaban un negocio e el tiña que traballar e apenas dispoñía de tempo ra poder xogar. Pero como era a Redondela nos anos 60? A que idade comezou Manolo Conde a traballa? .
Nesta serie de reportaxes titulados (Manolo Conde un amigo dos amigos) descubriremos como foi a infancia e a vida dunha das persoas máis coñecidas de Redondela.