Javier Gallego é o delegado do Club de Billar de Chapela, dende ben pequeno comezou a practicar o billar e dende entón segue xogando. Recentemente disputouse no Círculo Cultural de Chapela o campionato galego de billar a tres bandas, no que os de Redondela caeron en semifinais e viñan de ser os campións galegos. Gallego comentounos que o deporte do billar é nos destaca pola actividade física se non máis ben pola actividade mental, xa que precisa de moitas xogadas de estratexia. Cada día estamos a ter máis difusión nos medios de comunicación pero se precisa todavía algo máis para poder chegar á xente