O colexio de Chapela puxo en marcha o proxecto “Esencia Laredo”, unha microempresa de cosmética natural na que os alumnos elaboran e comercializan os produtos. A Xunta de Galicia elixiu este centro para ser a sede da firma dun convenio entre as consellerías de Educación e Medio Ambientepara o fomento de actuacións educativas de carácter medio ambiental. Os conselleiros responsables das dúas áreas, Beatriz Mato e Román Rodríguez achegáronse a Chapela para este “acto simbólico”

Autor: Ana Prieto