Os veciños da estrada que une Redondela co aeroporto de Peinador levan anos reclamando medidas de seguridade para poderen camiñar tranquilos. Piden pasos de peóns e beirarrúas para evitar os accidentes frecuentes, xa que a estrada é moi transitada.  A entrada no centro de Redondela é unha odisea para as persoas que veñen camiñando desde a estrada nacional 555.

Din que están cansos de poñer en perigo a vida acotío. 3.000 habitantes das parroquias de Cedeira, Santo Estevo de Negros, Cabeiro e Vilar de Infesta levan unha década pedindo beirarrúas e pasos de peóns.O ministerio de Fomento prevé unha actuación para construír beirarrúas nos puntos máis conflitivos, nas zonas de curvas pechadas, así como pasos para peóns, que os residentes reclaman con urxencia.