A Fábrica do Alemán, a só 12 metros dun dos galeóns fundidos, é agora o Meirande, un centro de interpretación da batalla de Rande e do patrimonio industrial. O municipio de Redondela revaloriza así a antiga conserveira Boyé como elemento do patrimonio industrial da enseada de San Simón, e adicala a un episodio histórico no que participaron catro nacións europeas (España, Francia, Inglaterra e Holanda) na Guerra de Sucesión española.