A Agrupación de Electores de Redondela pediu a comparecencia do Alcalde de Redondela Javier Bas para que explicara si a comida que nun principio foi aboada con cartos do Concello foi un acto institucional ou privado. O que normalmente soe durar unha comparecencia ó redor de quince minutos este foise a case unha hora tendo que suspender a comparecencia cinco minutos xa que o ambiente estaba alterado. Segundo o Alcalde de Redondela o acto foi totalmente institucional e argumenta que os cartos foron aboados novamente para que non houbera malas interpretacións. A Agrupación de Electores de Redondela argumentou a dimisión do Alcalde e comentou que de non sacar eles este tema houbera quedado no silencio e os cartos non serían entregados polo Partido Popular as arcas do Concenllo.