No ano 2012 un camión que sobrepasaba o peso circulou sobre a ponte situada no río Fondón afundindo a súa estrutura, durante catro anos os veciños e veciñas da zona poñen a vida en perigo atravesando a Ponte que aínda continúa nun estado lamentable, xa que o goberno municipal non fixo máis , que apuntalala e colocar unhas chapas de ferro. O grupo socialista solicita a reparación da Ponte canto antes e restablecer así a seguridade na Ponte.