Europa e Turquía pactaron un cambio radical na xestión da crise dos refuxiados. A desesperación por frear o fluxo migratorio levou os Vinteoito a forxar un polémico acordo con Ankara para devolver ó país veciño a todo estranxeiro que chegue ilegalmente ás costas gregas, inclusive aos sirios. A cambio, a UE comprométese a traer dende Turquía a un número de refuxiados equivalente o das expulsións.