O Partido Popular de Redondela solicita a Deputación provincial de Pontevedra a execución da segunda fase das obras do acondicionamento con céspede artificial no campo e fútbol do Viso Cesantes. Na primeira parte das obras o anterior Deputado Rafael Louzán comprometérase a executar a segunda fase unha vez rematadas as melloras do campo e fútbol de Santa Mariña. Co novo equipo de goberno na Deputación de Pontevedra as obras están sen executar.