Este domingo día 31 de marzo celebrarase no salón multiusos do concello de Redondela o II encontro solidario de maxia que contará con participación de varios magos redondeláns. Rodri Vegas organizador do evento menciona o éxito da edición anterior e vaticina un éxito para este domingo. Tanto Jessi como Alex son dous rapaces diagnosticados de enfermidade rara e atopar unha solución as súas enfermidades é moi custoso economicamente de aí que Rodri Vegas en colaboración do concello de Redondela organicen este acto para recadar fondos.