Esta semana celebrouse o pleno extraordinario no Concello de Redondela onde trala votación final chegaríase ó acordo de modificación da lei da Área Metropolitana. As tres formacións (PP, PSOE e BNG) deron o seu apoio a esta modificación consensuada entre os 14 concellos da Área Metropolitana e a Xunta e que supón un trámite necesario para poñer en marcha este órgano supramunicipal .A Agrupación de Electores de Redondela non deu o seu voto positivo xa que argumentaron a súa desconformidade co modificado da Lei .