O vindeiro sábado, 16 de abril, estréase o programa “Radio Polorri: A canción de Xan Carallás”. Será a partir das 12.00 horas no sinal da emisora municipal de Redondela (94.4 FM). Presentado por Miguel Borines e Ana Area, pretende contar a historia da música redondelá dos últimos cincuenta anos a través das persoas que a fixeron posible. Como preámbulo, os promotores organizan un programa de actividades que comezou o luns, 11 de abril. Durante toda a semana, entre as 18.00 e as 20.00 horas, instalarán un posto nos soportais no concello de Redondela no que porán á venda discos e material relacionado coa música do municipio. Tamén haberá actuacións espontáneas.
Como colofón, o venres 15, a partir das 22.00 horas, haberá unha festa-presentación na discoteca Diva. Actuarán en directo Tatán, Retroblues, Walter Mathaus, TOK, e Sete Cuncas.