Arrancou a V edición da Ruta do Pincho coa adhesión de 32 locais de hostalaría que presentan outras tantas propostas cheas de tradición nos seus produtos pero moi innovadoras na súa presentación. Dende hoxe e ata o vindeiro 24 de abril os clientes poderán gozar destes petiscos acompañados dun viño ou unha cervexa a un prezo de 2,75 euros. Como novidade, os interesados poderán descargar unha app nos seus dispositivos móbiles para consultar cada unha das tapas ofertadas.

M. X. Queimaliños