Redondela é sen dúbida algunha un dos municipios de Galicia onde máis se celebra a tradición dos “Maios”, como xa é costume o día primeiro de maio a alameda de Redondela espera a chegada das estruturas florais coñecidas como “Maios”. Unha tradición que en moitas vilas de Galicia foi a menos ata chegar a desaparecer, Redondela dende hai uns anos está volcada nesta festa da exaltación da primavera co fin de que perdure por moitos máis anos.