O sábado 8 e domingo 9 de maio celébrase a XXX Festa do Choco unha popular cita gastronómica que xa ten o merecido recoñecemento de festa de interese turístico de Galicia. O domingo a lectura do pregón correrá a cargo do monologuista David Amor ás 12:30 e un acto homenaxe aos fundadores da Festa media hora despois. Redondela espera a chegada de 30.000 persoas nos dous días de Festa no que o público asistente poderán degustar o choco nas súas diferentes especialidades de empanada, chocos con arroz, na súa tinta ou con patacas.