Clemente Bastos é o patrón maior da Confraría de Pescadores de Redondela, Clemente comentounos que por desgracia o choco de Redondela a maioría do produto vai para fora de Galicia, e que na propia Redondela nas pescaderías dos supermercados non se consume choco da ría. Soa un pouco raro como Redondela sendo a terra dos chocos merque chocos fora, ” é unha filosofía que temos que cambiar e que eu mesmo non a comprendo ” comentounos o patrón maior .