A travesía a nado coñecida como “Batalla de Rande ” é posiblemente unha das travesías a nado máis duras de España, 27,5 quilómetros a nado que comprenden dende as Illas Cíes ata a Illa de San Simón. Este ano dispútase a sexta edición é para celebralo os nadadores Miquel Sunyer e Jorge Crivilles ( nadadores que posúe a Triple Corona) estarán presentes na competición. A travesía se celebrará o vindeiro 25 de xuño e volverá poñer a proba a resistencia dos 60 participantes .
O responsable da organización, Aitor de Luís González, salientaba na presentación da proba que a travesía está crecendo e ten xa unha relevancia importante “sobre todo en Levante, Cataluña e Canarias” e lamenta pola contra que sega a ser descoñecida en boa parte de Galicia.